CORRECCIÓN DE ERROS: Requirimentos de emenda das Escolas Abertas presenciais 2017
ASUNTO: PUBLICACIÓN DA CORRECCIÓN DE ERROS DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 24 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS DESTINADO A PERSOAS DIRECTIVAS E RESPONSABLES DE IMPARTIR DOCENCIA NAS ENTIDADES GALEGAS E A PERSOAS GALEGAS RESIDENTES FÓRA DE GALICIA PARA O ANO 2017.
Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2017. (D.O.G. nº 65, do 3 de abril), e de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 10º da dita resolución, requírese aos/ás solicitantes que se relacionan no Anexo II para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
De acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos na citada lei.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Praza de Mazarelos, 15, CP 15703 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 54 58 82.
As contestacións terán un carácter meramente informativo para o/a solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
- Anexo II co listado de solicitudes a emendar (picar aquí para descargar)



