Gran Xantar Febreiro 2017 do Centro Cultural Partido da Estrada en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
547 lecturas

O domingo 19 de febreiro a partir das 13,00 h., na sede da entidade galega na capital arxentina, o Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires celebra o seu Gran Xantar, dando comezo ás actividades sociais de 2017.

  • Contarase coa colaboración de Carlos Pérez Castex, responsable da audición radial 'Raíces de España' que se emite de luns a venres en horario de 12,00 a 14,00 h. por AM1490 Radio Gama
  • Celebraranse os aniversarios de todos/as os/as socios/as activos/as que cumpren anos entre o 21 de novembro de 2016 e o 19 de febreiro de 2017 inclusive, sendo invitados/as Especiais da institución, e tendo por iso as súas respectivas tarxetas reservadas
  • Menú:
    -Perna de xamón con gornición
    -Costelar de porco e polo ao forno con patacas
    -Barra libre (viños tinto e branco, gasosas, refrescos, augas)
    -Sobremesa xeada e café
    -E brinde acompañado por exquisitas tortas
  • Custo do menú: 350 $
  • Reservas: nos tlfs. 4200-0807,  4612-3787 ou 4648-0869
  • Amenización a cargo de "José Eugenio y su órgano"
  • Máis info: no sitio web centroculturaldelpartidodelaestrada.blogspot.com.ar e facebook
Gran Xantar Febreiro 2017 do Centro Cultural Partido da Estrada en Bos Aires
Evento: 
Xantar/Cea social/oficial
Organiza: 
Centro Cultural del Partido de la Estrada
Data: 
19.02.2017
Hora: 
13,00
Lugar:
Centro Cultural del Partido de la Estrada
México, 2849 (Barrio Balvanera)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1223 Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina