Fundraiser - Evento benéfico a prol de Lucca Ricardo DaSilva, no Club España de Newark

Listen to this page using ReadSpeaker
652 lecturas

O domingo 15 de xaneiro, a partir das 14,00 h., o Club España de Newark (Nova Jersey) un evento benéfico de recadación de fondos a prol de Lucca Ricardo DaSilva, fillo de Sonia Cardoso Dasilva, socia do Club España que faleceu pouco despois de nacer o seu cativo.

  • Solicítase a doazón de cousas para a casa, accesorios, certificados, cartóns de agasallo, etc. que se poidan sortear durante o xantar-baile.
  • Tamén se aceptan doazóns en cheque e en efectivo para o fondo educativo de Lucca. Os cheques deben ser escritos a nome de Lucca Ricardo DaSilva e poden enviarse directamente ao Club España, Attn: Lucca Ricard DaSilva Fundraiser, 180 New York Avenue, Newark, NJ 07105
  • Na Casa Galicia de Nova York hai habilitada unha caixa na que tamén se poden facer doazóns
  • Venda de entradas para o xantar (50$): na sede do Club España os venres das 19,00 ás 22,00 h.
  • Rifas dispoñibles
  • Contarase coas actuacións de:
    -Os grupos folclóricos da entidade Alborada e Anduriña
    -Rancho Folclórico da Casa do Minho
  • Máis información no cartel do evento, o enderezo de correo-e andrescamano@verizon.net, o tlf. 973-589-5544 e o facebook
Fundraiser - Evento benéfico a prol de Lucca Ricardo DaSilva, no Club España de Newark
Evento: 
Acto Solidario/Benéfico
Organiza: 
Peña Galega - Club España de Newark
Data: 
15.01.2017
Hora: 
14,00
Lugar:
Club España de Newark
180 New York Avenue (Ironbound)
Newark - 07105Nova Jersey
Estados Unidos