Fundraiser - Evento benéfico a prol de Lucca Ricardo DaSilva, no Club España de Newark
O domingo 15 de xaneiro, a partir das 14,00 h., o Club España de Newark (Nova Jersey) un evento benéfico de recadación de fondos a prol de Lucca Ricardo DaSilva, fillo de Sonia Cardoso Dasilva, socia do Club España que faleceu pouco despois de nacer o seu cativo.
- Solicítase a doazón de cousas para a casa, accesorios, certificados, cartóns de agasallo, etc. que se poidan sortear durante o xantar-baile.
- Tamén se aceptan doazóns en cheque e en efectivo para o fondo educativo de Lucca. Os cheques deben ser escritos a nome de Lucca Ricardo DaSilva e poden enviarse directamente ao Club España, Attn: Lucca Ricard DaSilva Fundraiser, 180 New York Avenue, Newark, NJ 07105
- Na Casa Galicia de Nova York hai habilitada unha caixa na que tamén se poden facer doazóns
- Venda de entradas para o xantar (50$): na sede do Club España os venres das 19,00 ás 22,00 h.
- Rifas dispoñibles
- Contarase coas actuacións de:
-Os grupos folclóricos da entidade Alborada e Anduriña
-Rancho Folclórico da Casa do Minho - Máis información no cartel do evento, o enderezo de correo-e andrescamano@verizon.net, o tlf. 973-589-5544 e o facebook

Evento:
Acto Solidario/Benéfico
Organiza:
Peña Galega - Club España de Newark
Data:
15.01.2017
Hora:
14,00
Lugar:
Club España de Newark
180 New York Avenue (Ironbound)
Newark - 07105Nova Jersey Estados Unidos
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





