Encontro-debate 'A muller galega na emigración', na A.B.C. do Partido de Corcubión en Bos Aires
O venres 22 de xullo a partir das 19,00 h., na sede da entidade da Costa de Morte na capital arxentina, a Comisión de Cultura da A.B.C. do Partido de Corcubión en Bos Aires organiza o Encontro-debate 'A muller galega na emigración'.
Programa:
- Proxección da curtametraxe de ficción Dúas letras (2011), dirixida por Eloy Varela, con guión de Fina Casalderrey
- Exposición 'A muller galega durante os dous últimos séculos; o seu rol dentro da familia e a súa relación cos homes dentro do contexto familiar'
- Debate e vivencias dos/as presentes, experiencias persoais
- Participación: Lics. en Psicoloxía Alicia Ciancio e Anabela Garro
- Conduce e modera: Martha Lavandeira Andrade, Lic. en Psicoloxía e presidenta da Comisión de Cultura da A.B.C. do Partido de Corcubión
- Ao remate do encontro servirase un viño de honor

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Data:
22.07.2016
Hora:
19,00
Lugar:
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Venezuela, 2164
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1096ABL Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





