Encontro-debate 'A muller galega na emigración', na A.B.C. do Partido de Corcubión en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
972 lecturas

O venres 22 de xullo a partir das 19,00 h., na sede da entidade da Costa de Morte na capital arxentina, a Comisión de Cultura da A.B.C. do Partido de Corcubión en Bos Aires organiza o Encontro-debate 'A muller galega na emigración'.

Programa:

  • Proxección da curtametraxe de ficción Dúas letras (2011), dirixida por Eloy Varela, con guión de Fina Casalderrey
  • Exposición 'A muller galega durante os dous últimos séculos; o seu rol dentro da familia e a súa relación cos homes dentro do contexto familiar'
  • Debate e vivencias dos/as presentes, experiencias persoais
  • Participación: Lics. en Psicoloxía Alicia Ciancio e Anabela Garro
  • Conduce e modera: Martha Lavandeira Andrade, Lic. en Psicoloxía e presidenta da Comisión de Cultura da A.B.C. do Partido de Corcubión
  • Ao remate do encontro servirase un viño de honor
Encontro-debate 'A muller galega na emigración', na  A.B.C. do Partido de Corcubión en Bos Aires
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Data: 
22.07.2016
Hora: 
19,00
Lugar:
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Venezuela, 2164
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1096ABL
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: