Taller sobre emprendemento cultural en Alemaña
Do xoves 30 de xuño ao sábado 2 de xullo celebrarase en Berlín un obradoiro gratuito sobre emprendemento cultural en Alemaña, organizado por La Red e.V en colaboración co Instituto Cervantes de Berlín.
Destinatarios/as:
- Artistas, creativos/as, creadores/as e demais traballadores/as da cultura (plásticos/as, visuais, escénicos/as, axentes culturais, comisarios/as, músicos, artistas sonoros, deseñadores/as, escritores/as, xornalistas, críticos/as culturais)
Obxectivo:
- Dotar ás/aos participantes de ferramentas prácticas para introducirse no tecido cultural -local, nacional, europeo e internacional- ; tamén servirá para coñecer o mercado en Alemaña e saber como interactuar dentro del; por útimo potenciarase o traballo en rede como mecanismo de supervivencia e expansión
Temario:
- Presentación persoal
- Xestión de proxectos
- Perfeccionamento de portafolio
- Redes sociais
- Traballo en equipo
Requisitos para a inscrición:
- Enviar carta de motivación (quen son, que fago, por que quero participar, etc.)
- Rexistrarse no Consulado de España e enviar copia (imprescindible)
- Ser menor de 35 anos
Lugar, datas e horario de celebración:
- Datas: do xoves 30 de xuño ao sábado 2 de xullo
- Horario: de 10,00 a 19,00 h.
- Lugar de celebración: no Insituto Cervantes de Berlín. A segunda metade da última xornada desenvolverase no GlogauAIR
Máis info:
- Na web https://la-red.eu
- No enderezo de correo-e seminario@la-red.eu
Inscricións: https://la-red.eu

Evento:
Curso
Organiza:
La Red e.V.
Data:
30.06.2016 a 02.07.2016
Hora:
10,00
Lugar:
Instituto Cervantes de Berlín
Rosenstraße 18-19
Berlín - 10178Berlin Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
28.02.2026
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026





