Taller sobre emprendemento cultural en Alemaña

Listen to this page using ReadSpeaker
1383 lecturas

Do xoves 30 de xuño ao sábado 2 de xullo celebrarase en Berlín un obradoiro gratuito sobre emprendemento cultural en Alemaña, organizado por La Red e.V en colaboración co Instituto Cervantes de Berlín.

Destinatarios/as:

  • Artistas, creativos/as, creadores/as e demais traballadores/as da cultura (plásticos/as, visuais, escénicos/as, axentes culturais, comisarios/as, músicos, artistas sonoros, deseñadores/as, escritores/as, xornalistas, críticos/as culturais)

Obxectivo:

  • Dotar ás/aos participantes de ferramentas prácticas para introducirse no tecido cultural -local, nacional, europeo e internacional- ; tamén servirá para coñecer o mercado en Alemaña e saber como interactuar dentro del; por útimo potenciarase o traballo en rede como mecanismo de supervivencia e expansión

Temario:

  • Presentación persoal
  • Xestión de proxectos
  • Perfeccionamento de portafolio
  • Redes sociais
  • Traballo en equipo

Requisitos para a inscrición:

  • Enviar carta de motivación (quen son, que fago, por que quero participar, etc.)
  • Rexistrarse no Consulado de España e enviar copia (imprescindible)
  • Ser menor de 35 anos

Lugar, datas e horario de celebración:

  • Datas: do xoves 30 de xuño ao sábado 2 de xullo
  • Horario: de 10,00 a 19,00 h.
  • Lugar de celebración: no Insituto Cervantes de Berlín. A segunda metade da última xornada desenvolverase no GlogauAIR

Máis info:

Inscricións: https://la-red.eu

Taller sobre emprendemento cultural en Alemaña
Evento: 
Curso
Organiza: 
La Red e.V.
Data: 
30.06.2016 a 02.07.2016
Hora: 
10,00
Lugar:
Instituto Cervantes de Berlín
Rosenstraße 18-19
Berlín - 10178Berlin
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026