Electores/as CERA que se atopen en España o 26 de Xuño - Eleccións Xerais 2016

Se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te atopas en España, non poderás votar aquí en urna, pero si poderás facelo por correo: deberás solicitar o voto vía postal. Os prazos que tes para facelo son os seguintes:

  • Solicitude do voto (vía postal) para os/as electores CERA que se atopen en España o 26-X: do 3 de maio ao 16 de xuño
  • Envío pola Oficina do Censo Electoral da documentación ao/á elector/a: do 6 ao 19 de xuño
  • Envío do voto (vía postal): do 6 ao 22 de xuño
Volver a ELECCIÓNS XERAIS 2016