Electores/as ERTA

  1. Se es elector/a ERTA (cidadán/á temporalmente no estranxeiro inscrito/a como 'non residente' no Rexistro de matrícula Consular) e vas estar no estranxeiro:
        - Debes solicitar o voto persoalmente na Oficina Consular en cuxa demarcación te atopes (tes ata o 19 de outubro para solicitalo).
        - Unha vez recibida por correo postal a documentación, e seguindo as instrucións da folla informativa, deberás remitir o sobre correspondente por correo certificado á túa mesa electoral en España (tes ata o 6 de novembro, inclusive, para envialo).

  2. Se es elector/a ERTA e o 10 de novembro vaste atopar en España, poderás votar aquí na urna do teu colexio electoral (sempre que non rogaras/solicitaras o voto previamente).
Volver a ELECCIÓNS XERAIS 2019