Curso de alemán para persoas con dificultades de aprendizaxe (A1 - B1), en Berlín

Listen to this page using ReadSpeaker
1104 lecturas

Do luns 6 ao mércores 8 de xuño, na súa sede en Berlín, a Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V. organiza un curso de alemán para persoas con dificultades de aprendizaxe (A1 - B1).

  • Moitas persoas emigrantes atópanse por vez primeira  coa necesidade de aprender un idioma estranxeiro, o que esixe esforzo, constancia e estudo. Neste orixinal  curso  ofrécense  ferramentas baseadas no humor, para potenciar a memoria e axudar ao/á alumno/a a desbloquearse e perder o medo para  falar, en definitiva para que poida desenvolverse mellor en alemán
  • Encargado de impartir o curso: Alejandro Lorente
  • Horario: de 11,00 a 18,00 h.
  • Prezo: de balde
  • Máis info: www.plazaberlin.com

Requisitos:

  • Ter ganas de avanzar
  • Ter nacionalidade española
  • Ser menor de 35 anos
  • Estar rexistrado/a no consulado, tanto como residente como non residente

Inscrición: descargar este formulario e envialo ao enderezo info@plazaberlin.com

Curso de alemán para persoas con dificultades de aprendizaxe (A1 - B1), en Berlín
Evento: 
Curso
Organiza: 
Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V.
Data: 
06.06.2016 a 08.06.2016
Hora: 
11,00
Lugar:
Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V.
Danckelmannstraße, 1
Berlín - 14059Berlin
Alemaña