Curso de alemán para persoas con dificultades de aprendizaxe (A1 - B1), en Berlín
Do luns 6 ao mércores 8 de xuño, na súa sede en Berlín, a Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V. organiza un curso de alemán para persoas con dificultades de aprendizaxe (A1 - B1).
- Moitas persoas emigrantes atópanse por vez primeira coa necesidade de aprender un idioma estranxeiro, o que esixe esforzo, constancia e estudo. Neste orixinal curso ofrécense ferramentas baseadas no humor, para potenciar a memoria e axudar ao/á alumno/a a desbloquearse e perder o medo para falar, en definitiva para que poida desenvolverse mellor en alemán
- Encargado de impartir o curso: Alejandro Lorente
- Horario: de 11,00 a 18,00 h.
- Prezo: de balde
- Máis info: www.plazaberlin.com
Requisitos:
- Ter ganas de avanzar
- Ter nacionalidade española
- Ser menor de 35 anos
- Estar rexistrado/a no consulado, tanto como residente como non residente
Inscrición: descargar este formulario e envialo ao enderezo info@plazaberlin.com

Evento:
Curso
Organiza:
Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V.
Data:
06.06.2016 a 08.06.2016
Hora:
11,00
Lugar:
Asociación La Plaza Deutsch-Spanisches Zentrum e.V.
Danckelmannstraße, 1
Berlín - 14059Berlin Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





