10º Aniversario do Museo de la Emigración Gallega en la Argentina - MEGA, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
865 lecturas

O venres 11 de decembro a partir das 18,00 h., na súa sede en Bos Aires, o  Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) celebra o seu 10º Aniversario cun acto no que se distinguirá ás/aos que colaboraron coa institución ao longo destes anos.

  • No acto exhibirase a mostra denominada Cartas con Morriña, que reflicte a comunicación dos/as emigrados/as na Arxentina cos/coas seus/súas familiares que quedaran nas aldeas e pobos de Galicia, entre 1920-1970
  • O director do MEGA, Francisco Lores Mascato, encabezará a cerimonia inaugural co tradicional corte de fitas e palabras alusivas, acompañado pola Banda de Gaitas "Dúas Beiras"
  • As personalidades do ámbito social e cultural invitadas, xunto aos/ás directivos/as da Federación de Asociacións Galegas, percorrerán os salóns do museo e a Biblioteca Galega de Bos Aires "Antonio Pérez-Prado", co subdirector Miguel Chiloteguy, onde poderán apreciar a renovación do contido das vitrinas con documentación da emigración e o exilio
  • A continuación, no Teatro Bambolinas (Chacabuco 947), levarase a cabo a entrega de diplomas e recoñecementos a personalidades e colaboradores/as do Museo. En simultáneo, /asos asistentes poderán observar a proxección de imaxes que reflicten os avances rexistrados aos longo desta década no MEGA
  • O acto será animado polo tradicional grupo musical "Achaiva da ponte", e o corpo de baile "Estróupele", tras o cal se ofrecerá un viño de honra e a típica queimada galega
10º aniversario do Museo de la Emigración Gallega en la Argentina - MEGA, en Bos Aires
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
11.12.2015
Hora: 
18,00
Lugar:
Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069
Arxentina