Eleccións Xerais do 20 decembro 2015. Información para o voto dos/as residentes no exterior

RESULTADOS ELECCIÓNS XERAIS 2005 (picar aquí para acceder)

 

CALENDARIO VOTO RESIDENTES ESPAÑOIS/LAS NO EXTERIOR

 

1º Paso: Consulta do censo electoral e reclamacións

(2 ao 9 de novembro de 2015)

  • Durante un prazo de 8 días, do 2 ao 9 de novembro, poderá consultar os seus datos censuais, para iso os Consulados van manter durante esas datas un servizo de consulta do censo vixente
  • Do 2 ao 9 de novembro, en caso de ter que realizar emenda de datos, calquera persoa, pode presentar reclamación sobre os seus datos censuais nos Consulados ou directamente nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral


2º Paso: Solicitude do voto

(Do 27/10/2015 ata o 21/11/2015 inclusive)

Enviar á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral que lle corresponda, segundo onde este rexistrado/a no CERA e por correo postal ou fax un sobre coa seguinte documentación:

  1. Impreso Oficial de SOLICITUDE DE VOTO
        Completar o formulario (impreso oficial) e que se obtén das seguintes maneiras:
        a) Recibíndoo por correo que a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral lle enviará a partir da publicación no Boletín Oficial da Convocatoria de Eleccións
        b) Baixándoo de internet (instrucións para solicitar o voto de xeito telemático)
        c) Retirándoo na dependencia consular que lle corresponda pola súa residencia
  2. Fotocopia do Pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular.


3º Paso: Envío pola Oficina do Censo Electoral da documentación electoral

(non máis tarde do 30 de novembro de 2015)

As delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral, remitirán ao/á elector/a, por correo certificado, a seguinte documentación:

  • Papeletas de votación
  • 2 Sobres de votación (Congreso e Senado)
  • 2 Certificados idénticos de estar inscrito/a no censo de residentes ausentes
  • 1 sobre coa dirección da Xunta Electoral Provincial do/a elector/a
  • 1 sobre coa dirección da Oficina consular de carreira ou da sección consular da misisón diplomática na que o/a elector/a está inscrito/a

4º Paso: Emisión de voto

A Lei prevé dúas formas de facelo, escolle a que mellor te conveña:

1. Envío de voto por correo

    (Ata o 15/12/2015)

Se optas polo voto por correo, debes:
-Introducir no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:

  • 2 Sobres de votación (Congreso e Senado) coa papeleta correspondente introducida
  • 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes
  • Fotocopia do Pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular.

- E, en segundo lugar, introducir este sobre no sobre dirixido á Oficina Consular de Carreira ou á Sección Consular da Misión Diplomática á que o/a elector/a está adscrito/a, e enviar por correo certificado.


2. Depósito de Voto en urna

    (16/12/2015 ata o 18/12/2015, ambos os dous inclusive)

    AVISO IMPORTANTE: ampliado o prazo de depósito do voto CERA nos Consulados Xerais e Oficinas Consulares: sábado 19 e domingo 20
    (ver resolución da Xunta Electoral Central)

Se elixes votar en urna, debes:
-Introducir no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:

  • 2 Sobres de votación (Congreso e Senado) coa papeleta correspondente introducida
  • 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes
  • Fotocopia do Pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular

-Este sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial debe ser entregado persoalmente polo/a elector/a nas oficinas ou seccións consulares nas que estea inscrito/a ou lugares habilitados.
-É necesario que entregues o persoal da mesa electoral 1 dos certificados de inscrición no censo de residentes ausentes. Lembra tamén que a identidade debe ser acreditada mediante un dos seguintes documentos:

  • Pasaporte
  • DNI
  • Certificación de nacionalidade ou inscrición no rexistro de matrícula consular

-O sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial depositarase na urna, unha vez que o/a funcionario/a consular estampe en dito sobre o selo da oficina consular no que conste a data do depósito.

 

IMPORTANTE
Recorda levar contigo:

  • O pasaporte español orixinal ou DNI español ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro consular
  • 2º Certificado do CERA