Listados definitivos das persoas admitidas, excluídas e renuncias do programa "Reencontros na casa" 2015
Resolución do 4 de febreiro de 2015 da Secretaría Xeral de Emigración, publicada no DOG nº 28 do 11/02/2015.
De acordo co disposto no artigo 9.5 da orde da convocatoria publícase a relación definitiva das persoas admitidas, excluídas e renuncias. Enténdense como solicitudes admitidas aquelas que levan a mención “COMPLETA” na columna EST_TRAM_WEB e todas as demais están definitivamente excluídas sinalando a base incumprida e o motivo de exclusión nas correspondentes columnas. Así mesmo, publícanse as renuncias producidas ata o momento.
| País | Data de publicación | Listaxe |
|---|---|---|
| Arxentina | 7 de maio de 2015 | Descargar |
| Brasil | 7 de maio de 2015 | Descargar |
| Cuba | 7 de maio de 2015 | Descargar |
| Uruguai | 7 de maio de 2015 | Descargar |
| Venezuela | 7 de maio de 2015 | Descargar |
NOTA: Advertímolle de que se aparece como admitido/a nos listados definitivos, isto non quere dicir que sexa beneficiario/a do programa, xa que nos vindeiros días sairán as listas das persoas seleccionadas que viaxaran no programa Reencontros na Casa 2015, así como a listaxe de reservas.



