Listaxes provisionais de admitidos/as, excluídos/as e requiridos/as do programa “Reencontros na casa”. Ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
1860 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Casa" 2015 (Resolución do 4 de febreiro de 2015 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 28 do 11 de febreiro).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das persoas admitidas e excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.es, para formularen as alegacións que consideren oportunas e para a emenda da solicitude. Este prazo remata o 24 de abril de 2015. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidos da súa petición, e procederase ao seu arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

País Listaxe
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

Para formular alegacións ou achegar documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:

Nota: Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das persoas admitidas e excluídas e, logo, os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
13.04.2015
Data fin de prazo: 
24.04.2015