Presentación de "Valente vital (Ginebra, Saboya, París)", na Nosa Galiza de Xenebra

Listen to this page using ReadSpeaker
993 lecturas

O venres 23 de xaneiro ás 19,45 h., na sede da Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, presentarase o libro Valente vital (Ginebra, Saboya, París), obra de Claudio Rodríguez Fer, Tera Blanco de Saracho e María Lopo, editada polo Servizo de Publicacións da USC. Trátase da continuación de Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford), resultado dunha longa investigación na vida e na obra do poeta e ensaísta ourensán José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Xenebra, 2000), co-fundador tamén desta entidade galega na capital romandesa.

A presentación correrá a cargo do poeta e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética e da presente edición, así como doutras íntimas amizades de Valente, como a escritora Carmen Blanco, o tamén escritor Julio López Cid e o emigrante Suso Baamonde, histórico membro de A Nosa Galiza.

Ao remate ofrecerase unha cea (prezo do menú 30 CHF, bebida aparte)

Presentación de "Valente vital (Ginebra, Saboya, París)", na Nosa Galiza de Xenebra
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Sociedade "A Nosa Galiza"
Data: 
23.01.2015
Hora: 
19,45
Lugar:
A Nosa Galiza de Xenebra
9-A Rue de Vermont
Genève - 1211Geneva
Suíza