Mesa redonda 'Primeras páginas de la historia de Filipinas', na Casa de Galicia en Madrid
O mércores 14 de xaneiro ás 19,00 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, celebrarase a mesa redonda Primeras páginas de la historia de Filipinas, acerca do libro do mesmo título do escritor e xornalista José R. Rodríguez.
- No coloquio participarán, ademais, os escritores e xornalistas Alfonso S. Palomares e Carlos G. Reigosa, durante o cal darán repaso á historia, política e sociedade de Filipinas a través das portadas dos seus xornais que tan coidadosamente seleccionou e recompilou no seu libro José R. Rodríguez.
- A Mesa Redonda toma como referente o libro de José Rodríguez Primeras páginas de la historia de Filipinas, unha selección das portadas da historia deste país que reflicte como escritores/as e xornalistas da época informaron sobre os asuntos e eventos máis relevantes do arquipélago: desde a época colonial española, a chegada americana, a ocupación dos xaponesa, o establecemento da República de Filipinas de 1946 aos anos da lei marcial e a posterior restauración da liberdade de prensa.
- É un testemuño visual de episodios importantes da historia que tanto investigadores/as, como historiadores/as e estudantes poden facer uso para comprender a transformación dun pobo.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
14.01.2015
Hora:
19,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





