"Destino Sur", recital de guitarra e voz de Emilio Rúa, na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
737 lecturas

O xoves 25 de setembro a partir das 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, o cantautor galego Emilio Rúa ofrecerá un recital de guitarra e voz no que presentará o seu último traballo discográfico Guitarra Sur. Nel formula cantando unha evocación ás orixes da nova canción en galego, que manifesta incorporando á súa gravación o tema Miña Maruxiña, de Andrés Do Barro, e a súa persoal versión de María Soliña de Celso Emilio Ferreiro, acompañado por Lucía Pérez.

Haberá tamén un recordo para Yip Harburg, compositor e letrista estadounidense de música popular do que adapta ao galego o tema Somewhere over the rainbow (Nun lugar do arco da vella), e a presenza viva de Antonio Vega nunha versión tamén en galego de La chica de ayer (A moza de onte).

Por outra parte, Emilio Rúa mantén nas súas cancións un moi bo equilibrio temático no que se funden o intimismo relacionado co valor da vida, do amor ou da felicidade, con cancións dunha clara proxección social como Europa do leste, na que reaparece o tema da emigración.

"Destino Sur", recital de guitarra e voz de Emilio Rúa, na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
25.09.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: