EasyJet reforza para o próximo verán a súa conexión estrela en Santiago de Compostela: Xenebra

Mantéñense invariables as 3 frecuencias semanais dende Santiago a Basilea e a Londres Gatwick.

EasyJet operará un voo extra semanal a Xenebra ata alcanzar os seis voos semanais.

 

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014.

A aeroliña de baixo custo EasyJet reforza o próximo verán a súa conexión estrela no aeroporto de Santiago de Compostela, Xenebra, ata alcanzar os seis voos semanais co arranque da tempada de verán o próximo 28 de Marzo. Se ben esta sexta frecuencia semanal xa se operou nos meses centrais do presente verán - xuño, xullo e agosto -, agora a compañía aérea incorpóraa xa dende finais do mes de Marzo.

Así as cousas, a ruta directa entre Santiago de Compostela e Xenebra operarase todos os días da semana agás os martes e nun horario que varía en función do día da semana e no que predomina o horario de mañá que permite aos pasaxeiros e pasaxeiras unha optimización da súa estanza en destino.

En canto ás rutas directas con Basilea e Londres Gatwick mantéñense invariables con tres frecuencias semanais ao igual que este verán. No caso da conexión directa coa cidade suíza haberá voos os domingos, martes e venres, algo que facilita os desprazamentos de fin de semana. No referente á ruta á capital británica, os voos será todos os martes, xoves e sábados.

Todas estas rutas están xa á venda tanto na web oficial da aeroliña coma en canles habituais de distribución e axencias de viaxes. Prezos dende 22 euros para a ruta a Londres Gatwick, 30 € no caso da conexión con Xenebra e 36 euros se se quere voar a Basilea.

 

Fonte: santiagoaeropuerto.com

885 lecturas