Inauguración da exposición ‘Olladas no Camiño de Santiago’, en Berlín

Listen to this page using ReadSpeaker
690 lecturas

O martes 13 de maio ás 19,00 h., na Embaixada de España en Berlín, inaugurarase a exposición Olladas no Camiño de Santiago, que se poderá visitar ata o 11 de xuño na sede da misión diplomática española na capital xermana.

Esta mostra fotográfica amosa a visión particular que sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo teñen 14 fotógrafos e fotógrafas e tamén poderá verse dende finais deste mes na cidade norueguesa de Trondheim, onde continúa a súa itinerancia por toda Europa.

Inauguración da exposición ‘Olladas no Camiño de Santiago’, en Berlín
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Turismo de Galicia - Xacobeo
Data: 
13.05.2014
Hora: 
19,00
Lugar:
Embaixada de España en Berlín
Lichtensteinallee, 1
Berlín - 10787Berlin
Alemaña