Inauguración da exposición de fotografía "Club raza Can de Palleiro. Raza autóctona galega", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
751 lecturas

O mércores 7 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugurarase a exposición Club raza Can de Palleiro. Raza autóctona galega.

  • Poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de 10,00 a 14,00 h e de 16,00 a 20,00 h. Festivos: de 10,00 a 14,00 h.
  • Con esta mostra fotográfica, o Club pretende dar a coñecer as características da Raza Can de Palleiro, un pastor galego en perigo de extinción. O Club Can de Palleiro desenvolve o seu labor de recuperación desta raza autóctona desde o ano 2002
  • A orixe do Can de Palleiro está nas rexións de Centro Europa, que coas migracións se asentou no norte e noroeste de España. Tratábase dun can sufrido e traballador, incansable, que se empregaba para levar as vacas no prado e impedir que se escaparan, acompañaba a anciáns/ás e nenos/as nas casas e avisaba da presenza de estraños/as. O nome "can de palleiro" vén do feito de que en épocas de escasez era un can considerado animal de segunda, que sobrevivía comendo o que atopaba e durmindo no palleiro
  • Na actualidade existen algo máis de 600 exemplares rexistrados por toda Galicia, e algún fóra de Galicia como en Noruega, México, Brasil, Castela-León, País Vasco e Cataluña

 

Inauguración da exposición de fotografía "Club raza Can de Palleiro. Raza autóctona galega", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
07.05.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España