“Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto
O xoves 3 de abril ás 11,00 h., na aula 153 da Universidade de Deusto, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza o encontro Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bidea.
- O acto contará coa participación de dous tradutores ben recoñecidos nos seus respectivos ámbitos culturais e literarios:
-O galego Isaac Xubín, que vén de publicar a tradución ao galego da novela Pasaia Blues, de Harkaitz Cano
-E o navarro Joxemari Sestorain, tradutor ao éuscaro de Poesía última de amor e enfermidade, de Lois Pereiro
Deste xeito, o evento servirá para presentar estas dúas novidades editoriais. - Por mor do aforo limitado da sala 153, prégaselles ás persoas interesadas en asistir que confirmen a súa presenza enviando un correo electrónico ao enderezo euskal.gaiak@deusto.es

Evento:
Presentación
Organiza:
Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto
Data:
03.04.2014
Hora:
11,00
Lugar:
Edificio Central - Aula 153
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





