“Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto

Listen to this page using ReadSpeaker
685 lecturas

O xoves 3 de abril ás 11,00 h., na aula 153 da Universidade de Deusto, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza o encontro Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bidea.

  • O acto contará coa participación de dous tradutores ben recoñecidos nos seus respectivos ámbitos culturais e literarios:
    -O galego Isaac Xubín, que vén de publicar a tradución ao galego da novela Pasaia Blues, de Harkaitz Cano
    -E o navarro Joxemari Sestorain, tradutor ao éuscaro de Poesía última de amor e enfermidade, de Lois Pereiro
    Deste xeito, o evento servirá para presentar estas dúas novidades editoriais.
  • Por mor do aforo limitado da sala 153, prégaselles ás persoas interesadas en asistir que confirmen a súa presenza enviando un correo electrónico ao enderezo euskal.gaiak@deusto.es
“Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak” na Universidade de Deusto
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto
Data: 
03.04.2014
Hora: 
11,00
Lugar:
Edificio Central - Aula 153
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia
España