IV Certame literario Día das Letras Galegas en Frankfürt 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1113 lecturas

Co gallo do Día das Letras Galegas 2014, dedicado nesta edición ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, o Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno e.V. organiza o seu IV Certame literario baixo o lema "A emigración do século XXI".

  • Tema libre
  • Está aberto a todas as persoas interesadas no mesmo, con independencia da súa nacionalidade ou lugar de residencia
  • As obras deben ser inéditas e estar escritas preferiblemente en galego
  • A extensión dos traballos ha de ser breve, non superando os dous folios a unha soa cara
  • Os exemplares deben enviarse xunto cos datos persoais (nome e apelidos, tlf., enderezo e correo-e)
    -Por correo postal:
     Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno e.V.
     An der Staufenmauer 14
     60311 Frankfürt am Main
     Alemaña
    -Ou por correo-e a un dos enderezos:
     centrogallegoffm@arcor.de
     alejandraplaza10@gmail.com
  • Convócanse dúas categorías, unha infantil (ata os 17 anos) e outra para as persoas adultas (a partir dos 18 anos)
  • Prazo de entrega de traballos: antes do 10 de maio de 2014
  • Fallo do xurado: 16 de maio de 2014
IV Certame literario Día das Letras Galegas en Frankfürt 2014
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Cultural Gallego de Frankfort del Meno e. V.
Data: 
10.05.2014
Hora: 
0,00
Lugar:
Centro Cultural Gallego de Frankfort del Meno e. V.
An der Staufenmauer 14
Frankfurt am Main - 60311 Hessen
Alemaña