Semana das Letras Galegas 2013 en Alcalá de Henares

Listen to this page using ReadSpeaker
638 lecturas

O domingo 12 de maio dá comezo a Semana das Letras Galegas que organiza a Asociación Galega Corredor do Henares.

Programa:

  • Domingo 12 de maio
    -11,30 h. Misa e romaría popular na ermida da Virgen del Val, onde se venderán productos da nosa terra.
  • Martes 14 de maio
    -19,00 h. Presentación do libro de Félix Rodrigo Mora O atraso político do nacionalismo autonomista galego, no local da entidade.
  • Venres 17 de maio
    -19,00 h. Conferencia a cargo do mestre José Manuel Barbosa sobre Prehistoria da Lingua, no local da entidade.
  • Sábado 18 de maio
    -19,30 h. Pasarrúas dende a praza de Los Santos Niños ata a praza de Cervantes, con actuación nesta última, do grupo da entidade Vagalume, ademais da Agrupación Rosalía de Castro e a Banda de Gaitas Recas.
Semana das Letras Galegas 2013 en Alcalá de Henares
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Galega Corredor do Henares
Data: 
12.05.2013
Hora: 
11,30
Lugar:
Asociación Galega Corredor do Henares
Campo Real, 1 - bajo
Alcalá de Henares - 28806Madrid
España