I Curso de canto da Asociación Galega Corredor do Henares
O domingo 7 de abril de 10,30 a 20,00 h., na sede da entidade, a Asociación Galega Corredor do Henares organiza o seu I Curso de Canto.
- Profesora: Inés Ballesteros Bejarano (título profesional de piano dende 2008, cursou estudos de canto no Conservatorio Profesional de Música Victoria de los Ángeles de Madrid e na actualidade continua a súa formación na Escola Superior de Canto).
- Obxectivos: desenvolverase a técnica vocal das e dos asistentes así como nocións básicas de afinación, respiración, técnicas diafragmáticas, posición corporal e consellos especializados para voz masculina e feminina para a mellora do rexistro vocal.
- Prezo: 15 € para o público en xeral e 10 € para os socios e socias da entidade
- Abono de matrícula na conta: 2080 0614 42 3040000129 Nova Galicia Banco / EVO

Evento:
Curso
Organiza:
Asociación Galega Corredor do Henares
Data:
07.04.2013
Hora:
10,30
Lugar:
Asociación Galega Corredor do Henares
Campo Real, 1 - bajo
Alcalá de Henares - 28806Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





