XIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi

Listen to this page using ReadSpeaker
1164 lecturas

A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 31 de maio de 2013 ás 20,00 h., cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo.

Bases:

  • I . Poderán participar todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega.
  • II . Os traballos non terán unha extensión superior a cen versos e deberán ser inéditos.
  • III . O Concurso está dotado cos seguintes premios:
    Primeiro premio: 600 € | Segundo premio: 150 €
    Os premios poderanse declarar desertos.
  • IV . As obras mecanografadas por unha soa cara e a dobre espazo, enviaranse por correo, sen remite, á:
    Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
    R/ Pablo Picasso, 4
    48012 Bilbao

-De cada obra mandaranse cinco copias. A presentación farase polo procedemento de lema e plica.
-No exterior indicarase o título e o lema escolleito.
-No interior incluíranse os datos persoais do autor ou autora: este sobre terá que ir pechado.
-Na parte superior dereita da primeira folla da obra repetirase o lema.

  • V . O prazo de admisión das obras rematará o día 31 de maio ás vinte horas. A resolución farase pública o Día de Galicia en Euskadi a celebrar o 6 de xullo de 2013 en Santurtzi, e as obras premiadas poderán ser publicadas nas revistas dos Centros Galegos en Euskadi.
  • VI . A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi reservarase os dereitos de publicar as obras premiadas cando lle conveña, sen prexuízo de que o autor ou autora tamén as poida publicar facendo constar que recibiu este galardón.
  • VII . O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas Bases.
  • Bases completas (picar aquí para descargar)
XIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en E
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data: 
31.05.2013
Hora: 
20,00
Lugar:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4
Bilbao - 48012 Bizkaia
España