Concurso de Fotografía "Vive en Nós" da Asociación Civil Hijos de Zas de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
1046 lecturas

Con motivo do 90º aniversario da entidade, a Asociación Civil Hijos de Zas de Bos Aires organiza o concurso de fotografía "Vive en Nós".

  • Prazo de recepción das fotografías: ata o 1 de xullo de 2013
  • Temática: fotografías antigas referidas á emigración galega en xeral
  • Participantes: todos aqueles galegos e galegas, independentemente do seu lugar de residencia. Deberá indicarse o nome e apelidos, enderezo de correo-e e tlf. de contacto
  • Recepción das obras: en formato dixital
    -No enderezo de correo-e concursoven@gmail.com, indicando no asunto o nome do concurso
    -De forma presencial na sede da entidade (Suárez, 236 - C1162AEF Capital Federal), onde se escaneará e devolverá ao seu propietario ou propietaria
  • As fotografías deberán ir acompañadas dunha breve reseña no caso de non poder aportar datos (data estimativa, lugar, nomes, anécdotas, etc...)
  • Poderase participar con máis dunha fotografía
  • Xurado: composto por xornalistas e persoas destacadas da colectividade
  • Premios:
    -1º premio: unha cámara dixital e unha medalla
    -2º e 3º premios: placa conmemorativa
  • Máis info, bases e contacto:
    Asociación Civil Hijos de Zas
    Suárez, 236
    (C1162AEF) – Capital Federal
    Bos Aires – Arxentina
    Tel./Fax: (0054 – 11) 4302 – 4703
    Correo-e: concursoven@gmail.com
Concurso de Fotografía "Vive en Nós" da Asociación Civil Hijos de Zas de Bos Air
Evento: 
Concurso
Organiza: 
Asociación Hijos de Zas
Data: 
01.07.2013
Hora: 
24,00
Lugar:
Asociación Hijos de Zas
Suárez, 236
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1162AEF
Arxentina