O Instituto Cervantes e a Consellería de Cultura e Educación colaborarán na difusión da cultura galega no exterior

O secretario xeral de Cultura e o director do Cervantes acordaron onte asinar un protocolo para cooperar na realización de actividades culturais a través do centros do instituto.

  • Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha.
    Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha.
  • Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha.
    Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes comprométense a colaborar na difusión da lingua e cultura galegas no ámbito internacional. Así o acordaron esta mañá na xuntanza que mantiveron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director do Cervantes, Víctor García de la Concha, na sede da institución en Madrid.

A través deste marco de colaboración, os centros do Instituto Cervantes do exterior acollerán a realización de actividades programadas pola Xunta de Galicia, de acordo co interese estratéxico para a cultura galega nos diferentes países nos que a institución española está presente.

Durante a reunión, García de la Concha manifestou o interese do Instituto Cervantes por contribuír á difusión da diversidade lingüística e cultural de España a través dos seus centros, unha canle que Anxo Lorenzo destacou como “unha oportunidade para dar a coñecer as novas iniciativas culturais galegas”.

1305 lecturas