Semana de Santiago en Santos (São Paulo)

Listen to this page using ReadSpeaker
706 lecturas

Do domingo 22 ao mércores 25 de xullo o Centro Espanhol e Repatriação de Santos celebra a Semana de Santiago.

O programa comeza o domingo 22 ás 11,00 h. cunha misa que se oficiará na catedral en honor a Santiago, e que contará coa participación da Coral Cantares de España,  e continuará ás 13,00 h. cun xantar conmemorativo, na sede entidade, no que se servirán callos á española. As entradas deben retirarse na secretaría do centro.

O martes 24 inaugurarase, no Centro Espanol, a exposición O caminho de Santiago sob a visão do peregrino, compilación de Alexandra Fernandes Fernandez. A entrada é de balde.

O mércores 25 ás 20,00 h., tamén na sede da entidade, proxectarase o filme Onde está a felicidade, que conta as vivencias dunha muller, Teodora, cando decide percorrer o Camiño de Santiago.

O programa completo pódese consultar na web do centro www.centroespanholdesantos.com

Semana de Santiago en Santos (São Paulo)
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Espanhol e Repatriação de Santos
Data: 
22.07.2012 a 25.07.2012
Hora: 
11,00
Lugar:
Centro Espanhol e Repatriação de Santos
Ana Costa, 286 - Campo Grande
Santos - 11060-000 São Paulo
Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: