Semana de Santiago en Santos (São Paulo)
Do domingo 22 ao mércores 25 de xullo o Centro Espanhol e Repatriação de Santos celebra a Semana de Santiago.
O programa comeza o domingo 22 ás 11,00 h. cunha misa que se oficiará na catedral en honor a Santiago, e que contará coa participación da Coral Cantares de España, e continuará ás 13,00 h. cun xantar conmemorativo, na sede entidade, no que se servirán callos á española. As entradas deben retirarse na secretaría do centro.
O martes 24 inaugurarase, no Centro Espanol, a exposición O caminho de Santiago sob a visão do peregrino, compilación de Alexandra Fernandes Fernandez. A entrada é de balde.
O mércores 25 ás 20,00 h., tamén na sede da entidade, proxectarase o filme Onde está a felicidade, que conta as vivencias dunha muller, Teodora, cando decide percorrer o Camiño de Santiago.
O programa completo pódese consultar na web do centro www.centroespanholdesantos.com






