Calçotada do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker
651 lecturas

O Domingo 18 de marzo o Centro Galego de Lleida celebrará a súa tradicional Calçotada na Ermida de Grenyana ( é o mesmo sitio que nos anos anteriores); previamente, ás 11,00 h., oficiarase a Santa Misa cantada polo coro Cengallei da entidade. As e os asistentes á calçotada terán que ir provistos de garfos e panos de mesa, e haberá mesas e cadeiras. Se algunha persoa non dispuxese de medio de transporte pódellelo comunicar na Oficina do Centro, onde se lle solucionará o problema.

  • O custo é de 15 € para socios e socias e de 18 € para as persoas non asociadas.
  • O prazo de inscrición remata o 16 de Marzo.
Calçotada do Centro Galego de Lleida.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Galego de Lleida
Data: 
18.03.2012
Hora: 
11,00
Lugar:
Ermita de Grenyana Lleida, Lleida
España