Calçotada do Centro Galego de Lleida
O Domingo 18 de marzo o Centro Galego de Lleida celebrará a súa tradicional Calçotada na Ermida de Grenyana ( é o mesmo sitio que nos anos anteriores); previamente, ás 11,00 h., oficiarase a Santa Misa cantada polo coro Cengallei da entidade. As e os asistentes á calçotada terán que ir provistos de garfos e panos de mesa, e haberá mesas e cadeiras. Se algunha persoa non dispuxese de medio de transporte pódellelo comunicar na Oficina do Centro, onde se lle solucionará o problema.
- O custo é de 15 € para socios e socias e de 18 € para as persoas non asociadas.
- O prazo de inscrición remata o 16 de Marzo.

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Galego de Lleida
Data:
18.03.2012
Hora:
11,00
Lugar:
Ermita de Grenyana
Lleida, Lleida
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





