"Camiños ó bo trato" para profesionais: Formación en xénero e violencia de xénero.
Dentro do Programa Camiños ó bo trato que a Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo está a levar a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, sobre formación en violencia de xénero, convócase ás persoas interesadas do ámbito social, sanitario, xurídico, etc) co fin de que asistan ó obradoiro sobre formación en xénero e máis específicamente en violencia de xénero, que terá lugar o martes 27 de setembro no Centro Cívico Casco Vello de Vigo en horario de 18:00 a 21:00h.
As temáticas serán as seguintes:
- FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO:
. Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina.
. Estereotipos sociais e culturais.
. Malos Tratos: vínculo e ciclos.
. Nenas/os, mozas como vítimas de violencia.
. Detección temperá.
. Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.
Inscricións e máis información a partir do 1 de setembro nos teléfonos:
606 92 91 37 / 986 22 23 28.





