Ferrol - Alto de Chamorro

Vista panorámica de Ferrol dende o alto de Chamorro.

Disque na bisbarra ferrolá dise “para costa, a de Chamorro”, en referencia ao camiño que leva a este monte situado na parroquia de San Salvador de Serantes edende onde podemos gozar dunhas espectaculares vistas do Val de Serantes, da cidade de Ferrol e dos pobos da Ría, pero sobre todo coñecido porque todos os luns de Pascua milleiros de romeiros e romeiras chegados de toda Galicia soben esta costa andando, de xeonllos ou mesmo descalzos.

No alto atopámonos a ermida da Nosa Señora do Nordés (s. XVI), aquela sobre quen a lenda conta que socorrera a un mariñeiro superado polo mar bravo e, ao berrar “xa morro”, conseguiu que a Virxe o salvara, tomando –monte, ermida e Virxe- dende entón a denominación de Chamorro e ,en honor a quen, debemos acender unha vela cando alí cheguemos.

Ferrol - Alto de Chamorro
2584 lecturas