Axudas de emerxencia social. Ano 2022

Listen to this page using ReadSpeaker
1615 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 12 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2022 (DOG núm. 33, do 17 de febreiro).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
17.02.2022
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:
Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas de emerxencia social para o ano 2022, cuxas bases reguladoras foron publicadas no DOG núm. 58, do 26 de marzo de 2021. Estas axudas están dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente para evitar ou paliar situacións de necesidade, exclusión social, por enfermidade ou pasamento pola COVID-19, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características.

Persoas beneficiarias:

  1. As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
  2. Excepcionalmente, no caso de que as persoas ás que se refire o punto 1 teñan que realizar unha viaxe por razóns humanitarias e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Requisitos das persoas beneficiarias:

  • a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.
  • b)Ter patrimonio insuficiente
  • c) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses que, pola súa gravidade, requiran unha actuación urxente ou acrediten a necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón e, en particular, as derivadas da actual situación de pandemia de coronavirus.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18.02.2022 ata o 15.11.2022, ámbolos dous incluídos.

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web: https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

Lugar de presentación da documentación:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica


As bases que regulan esta orde de convocatoria foron publicadas mediante a Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social (DOG núm. 58, do 26 de marzo): picar aquí para descargar.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)

Extracto da convocatoria no D.O.G. : (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
15.11.2022