Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
1461 lecturas
Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 20 de decembro 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e aproban as bases para o desenvolvemento de seminarios de baile-música, obradoiros artesanais e cociña galega, en colaboración coas entidades galegas do exterior, e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración

Destinatarios: Poderán solicitar a organización destes seminarios, as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, inscritas no rexistro de comunidades galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Modalidades convocadas:

  • Seminarios de baile.
  • Seminarios de gaita.
  • Seminarios de percusión.
  • Seminarios de pandeireta e canto.
  • Seminarios de carácter artesanal.
  • Seminarios de cociña galega.

Documentación:

Formulario de solicitude para cubrir on-line (picar aquí para descargar)

Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento, pero non se pode gardar o documento conservando os cambios realizados.

Texto completo da convocatoria (picar aquí para descargar)