Festa de Santiago Apóstolo da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai

Listen to this page using ReadSpeaker
268 lecturas

A Federación de Asociacións Galegas no Uruguai celebra o sábado 25 de xullo a festa do Santiago Apóstolo. Unha xornada especial, con actos institucionais en Montevideo.

O sábado ás 11:00 horas, como previa, na Praza Galicia soarán os himnos de Uruguai, España e Galicia, haberá oratoria por autoridades, ofrenda floral a pe do monumento a Rosalía de Castro e actuacións artísticas.

Pola súa banda, ás 20:00 horas, na sede do Centro Pontevedrés, terá lugar a festa do Apóstolo e o Recoñecemento Castelao 2026. Para esta noite, haberá cea, bebida libre e menú infantil.

O domingo 26, ás 12:30 horas, tamén se fará unha misa en galego na Catedral Metropolitana de Montevideo.

Entradas: Colaborador- $1.800 | Adolescentes - $1.000 | Menores 12 anos - Gratis.

Reservas (ata o 21 de xullo): 092351347.

Descargar cartel.

Máis info: Facebook | Instagram.

Festa de Santiago Apóstolo da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai.
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas en el Uruguay
Data: 
25.07.2026 a 26.07.2026
Hora: 
11:30
Lugar:
Centro Pontevedrés
Franscisco Gómez 965
Montevideo - 11700Montevideo
Uruguai
booked.net