XXXVII Día de Galicia en Euskadi celebrado en Vitoria-Gasteiz

Listen to this page using ReadSpeaker
172 lecturas

A Irmandade de Centros Galegos de Euskadi celebra o 26, 27 e 28 de xuño en Vitoria-Gasteiz o XXXVII Día de Galicia en Euskadi. Serán tres xornadas festivas que terán lugar na Praza dos Foros.

  • Venres, 26:
    • 20:00h: Inauguración co pregón de Adrián Méndez Fernández.
    • 20:30h: Animación de gaiteiros.
    • 22:30h: Concerto de Mondra.
       
  • Sábado, 27:
    • 12:00h: Exhibición de Danza Vasca, a cargo de Algara Dantza Taldea.
    • 13:00h: Herri Kirolak.
    • 18:00h: Cantos de taberna a cargo de Rebuldaina, do Centro Galego de Barakaldo.
    • 19:30h: Concerto de Xukelak - Hala Dzipo.
    • 22:00h: Gran queimada popular.
    • 22:30h: Concerto de Monoulious DOP.
       
  • Domingo, 28:
    • 11:30h: Recepción de produtos do concurso gastronómico e pasacalles dos grupos das Casas de Galicia.
    • 12:30h: Acto institucional, coa entrega da Anduriña de Prata a Hala Dzipo Herri Musika Eskola, a Insignia de Ouro da Irmandade a María Pilar Rodríguez Villar e os premios dos concursos de fotografía, poesía e gastronomía.
    • 18:00h: Festival folclórico dos grupos de gaita e danza das Casas de Galicia en Euskadi.
    • 20:30h: Clausura das xornadas. 
       

Descargar cartel.

Máis info: Facebook.

XXXVII Día de Galicia en Euskadi celebrado en Vitoria-Gasteiz.
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data: 
26.06.2026 a 28.06.2026
Hora: 
20:00
Lugar:
Praza dos Foros
Foru Kalea
Vitoria-Gasteiz - 01004Araba/Álava
España
booked.net