Gran verbena internacional 2026 na Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires
A Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires, organiza o sábado 18 de abril, a partir das 20:00 horas, a edición de 2026 da súa verbena internacional, con actuacións musicais, comidas típicas e un gran baile.
Para esta ocasión, actuarán:
- Unión Helénica Peloponense Ballet Moraítes, de Grecia.
- Taller de Danzas Folklórica Otra Vuelta, de Arxentina.
- Escola de Danzas Tradicionais Ryūkyū Okinawa Shosetsu Kai, de Xapón.
- E o grupo da Sociedade Parroquial de Vedra, de Galicia.
Como comidas haberá: friames, tortilla, callos, pernil de porco, rabas, empanada de bacallau e de atún, tortas, bebidas e café.
O gran baile final estará amenizado por José Eugenio e os seus teclados.
Entrada: $2.000 (xeral) | Gratis para menores de 12 anos.
Contacto: info@vedra.com.ar.

Evento:
Festa
Organiza:
Sociedade Parroquial de Vedra
Data:
11.04.2026
Hora:
20:00
Lugar:
Sociedade Parroquial de Vedra
José Mármol 760
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1236ABHCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






