Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa MERLO

Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa MERLO
Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa MERLO
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 6 de marzo de 2026.
Se es galego ou galega retornado e estás pensando en emprender en Galicia, este programa pode axudarche a converter a túa idea nun proxecto sólido.
 
O Programa MERLO, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Ronsel, ofrece mentoría personalizada e acompañamento profesional para apoiar a posta en marcha e consolidación de iniciativas empresariais lideradas por persoas retornadas.
 
Nos últimos anos, esta iniciativa xa permitiu acompañar centos de proxectos emprendedores, facilitando coñecemento, experiencia e apoio estratéxico para desenvolver unha actividade empresarial en Galicia.
198 lecturas