45 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas
A Asociación Cultural As Xeitosiñas, en Zurich, celebra un encontro na cidade suíza para celebrar coa súa comunidade o seu 45 aniversario. O acto será o sábado 14 de marzo, entre as 17:00 e as 2:00 horas da madrugada.
Entre as actividades para esta celebración especial haberá música en vivo cos grupos:
- Pelepau.
- A orquestra París de Noia.
- E a banda "As Xeitosiñas".
Ademais, neste evento, co que conmemoran tamén o Día da Familia, haberá a posibilidade de degustar unha cea con produtos galegos: lacón con grelos, paella e tortilla, así como bebidas da terra e queimada á medianoite.
Entrada gratuíta.
Prezo menú: 25CHF.
Inscricións (ata o 7 de marzo): Link.
Máis info: Facebook.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich
Data:
14.03.2026
Hora:
17:00
Lugar:
Sporthalle Unterrohr
Unterrohrstrasse 2
Schlieren - 8952Zurich Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






