45 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas

Listen to this page using ReadSpeaker
175 lecturas

A Asociación Cultural As Xeitosiñas, en Zurich, celebra un encontro na cidade suíza para celebrar coa súa comunidade o seu 45 aniversario. O acto será o sábado 14 de marzo, entre as 17:00 e as 2:00 horas da madrugada.

Entre as actividades para esta celebración especial haberá música en vivo cos grupos:

  • Pelepau.
  • A orquestra París de Noia.
  • E a banda "As Xeitosiñas".

Ademais, neste evento, co que conmemoran tamén o Día da Familia, haberá a posibilidade de degustar unha cea con produtos galegos: lacón con grelos, paella e tortilla, así como bebidas da terra e queimada á medianoite.

Entrada gratuíta.

Prezo menú: 25CHF.

Inscricións (ata o 7 de marzo): Link.

Máis info: Facebook.

45 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas.
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich
Data: 
14.03.2026
Hora: 
17:00
Lugar:
Sporthalle Unterrohr
Unterrohrstrasse 2
Schlieren - 8952Zurich
Suíza
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: