A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior

Este ano impartíronse medio centenar de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países do mundo con formadores desprazados desde Galicia.

Déuselle formación de alta especialización a medio cento de formadores de ata 10 países do exterior no programa de Escolas Abertas en Galicia.

  • A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior
    A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior
  • A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior
    A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 3 de xaneiro de 2026.

A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Obradoiros e Escolas Abertas, dúas iniciativas complementarias da Secretaría Xeral da Emigración que consolidan un modelo formativo bidireccional coa diáspora galega e que chegou ata os 1.500 alumnos. Ao longo de 2025, estes programas permitiron reforzar a formación cultural nas comunidades galegas do exterior e mellorar a capacitación dos seus formadores cun orzamento total de 400.000 euros.

Obradoiros

O programa Obradoiros ten como finalidade levar formadores especializados desde Galicia ata as entidades galegas do exterior, para impartir formación en ámbitos como o folclore, a música tradicional, a artesanía, ou a cultura galega. En 2025, resultaron beneficiarias 43 entidades, nas que se desenvolveron 43 obradoiros concedidos. Estas accións estendéronse por América, España e o resto de Europa (Arxentina, Brasil, México, Venezuela, Panamá, Uruguay, Cuba, Costa Rica, Suíza o España) permitindo achegar directamente a cultura galega ás colectividades asentadas fóra da comunidade.

Escolas Abertas

Pola súa banda, o programa Escolas Abertas segue o camiño inverso, ao traer a Galicia aos formadores das entidades galegas do exterior para que poidan ampliar e perfeccionar a súa formación con profesionais de referencia. No ano 2025 participaron 44 persoas, procedentes maioritariamente de América e Europa (Arxentina, Uruguai, Cuba, Brasil, Venezuela, México, Chile, Costa Rica, Alemaña, EEUU o España), nunha estancia formativa celebrada do 4 ao 15 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia. A formación abarcou especialidades como baile tradicional, gaita, canto popular, percusión e confección do traxe tradicional galego.

Con estes dous programas, a Xunta aposta por unha estratexia cultural completa e coherente, que combina a difusión directa da cultura galega no exterior coa formación avanzada das persoas responsables de transmitila nas entidades. Obradoiros e Escolas Abertas consolídanse así como ferramentas fundamentais para garantir a continuidade, a calidade e a vitalidade da galeguidade no mundo, fortalecendo unha relación viva e constante entre Galicia e a súa diáspora.

343 lecturas