Miranda tras manter un encontro de traballo con responsables da Alcaldía de Curitiba: “Fortalecer os lazos institucionais con Brasil é tamén apoiar a nosa colectividade galega no exterior”
O secretario xeral da Emigración abordou con Rodolpho Feijó, xefe de Asuntos Internacionais e Protocolo da cidade de Curitiba, liñas de colaboración en materia de colectividade galega.
Miranda tras manter un encontro de traballo con responsables da Alcaldía de Curitiba: “Fortalecer os lazos institucionais con Brasil é tamén apoiar a nosa colectividade galega no exterior”
Miranda tras manter un encontro de traballo con responsables da Alcaldía de Curitiba: “Fortalecer os lazos institucionais con Brasil é tamén apoiar a nosa colectividade galega no exterior”
Miranda tras manter un encontro de traballo con responsables da Alcaldía de Curitiba: “Fortalecer os lazos institucionais con Brasil é tamén apoiar a nosa colectividade galega no exterior”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde un encontro de traballo con Rodolpho Feijó, xefe de Asuntos Internacionais e Protocolo da cidade de Curitiba, na sede da Alcaldía. A reunión enmárcase na súa visita institucional a Brasil, que inclúe diferentes actividades coas comunidades galegas residentes no país e encontros con representantes institucionais locais.
Durante a xuntanza, Miranda e Feijó analizaron as posibilidades de colaboración entre Galicia e Curitiba en materia cultural e social, así como o fortalecemento dos vínculos coa colectividade galega asentada nesta cidade brasileira. O secretario xeral destacou o valor destas reunións “para consolidar os lazos históricos e afectivos que unen a Galicia con Brasil, especialmente a través das súas comunidades e das novas xeracións de galegos no exterior”.
Este encontro institucional dá inicio á axenda de actividades de Miranda en Curitiba, cidade que visita por primeira vez, antes das sesións informativas e encontros coa colectividade galega previstos ao longo da xornada.
Novas relacionadas



