Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
415 lecturas
Publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2025
Estado: 
Procedemento pechado

Consonte co previsto no artigo 14 da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, o día 7 de xullo de 2025 publicouse no DOG a Resolución do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia.

Segundo o artigo 10 da Resolución do 14 de decembro de 2023 procédese a publicar as listaxes resultantes da comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3 respecto das solicitudes presentadas (1).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación para presentaren as alegacións que consideren oportunas.

(1) Nesta fase do procedemento publícanse unicamente os datos referidos ás novas solicitudes presentadas no ano 2025.

Listaxes para descargar:

(*) Os méritos alegados no anexo II ou no currículo que non teñan un soporte documental non son considerados e polo tanto non aparecen recollidos na listaxe.

Convocatoria asociada:

 

Data de publicación: 
08.10.2025
Data fin de prazo: 
22.10.2025