Rueda salienta o papel do Centro Galego de Santander como embaixador da cultura galega en Cantabria

O presidente visitou o centro para celebrar o 90º aniversario da entidade e reafirmou o apoio da Xunta aos centros galegos no mundo.

Destaca o compromiso da Xunta coa emigración e co mantemento dos centros galegos como piares fundamentais de apoio á diáspora.

O centro conta con centos de socios, máis da metade de orixe galega, e unha biblioteca con varios miles de volumes en galego.

  • Rueda salienta o papel do Centro Galego de Santander como embaixador da cultura galega en Cantabria

Listen to this page using ReadSpeaker
Santander (Cantabria), 3 de abril de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro Galego de Santander, coincidindo coa celebración do 90º aniversario da entidade. Rueda destacou na súa intervención a importancia da institución como un faro da galeguidade nunha terra irmá como Cantabria, coa que Galicia comparte profundos lazos históricos culturais e humanos.

O xefe do Executivo galego subliñou o papel clave xogado polo Centro ao longo dos seus máis de 90 anos de historia, servindo como punto de encontro para a comunidade galega santanderina e cántabra e como espazo de preservación e fomento da lingua galega, das tradicións e o espírito comunitario.

Segundo afirmou o presidente, conformar comunidades sólidas, unidas e orgullosas é algo que define aos galegos, poñendo así en valor o esforzo das xeracións anteriores que fixeron posible a creación e consolidación do centro.

Ademais, Rueda apuntou aos centros galegos no mundo como embaixadores de Galicia, cuxo esforzo contribúe a reforzar a imaxe da comunidade galega en todo o planeta e elevar a súa identidade. Neste senso, o titular do Goberno autonómico reafirmou o compromiso da Xunta coa emigración e co mantemento dos centros galegos, salientando que estas institucións son piares fundamentais de apoio á diáspora.

Tal e como sinalou, o Goberno galego continuará impulsando iniciativas para fortalecer os lazos entre a Galicia territorial e a Galicia exterior, brindando apoio aos centros galegos para que sigan desempeñando o seu labor protector da cultura e identidade galegas.

O Centro Galego de Santander

Na actualidade, o centro conta con centos de socios, máis da metade de orixe galega, e ofrece unha ampla programación de actividades culturais, formativas e recreativas. Entre estas, cabe salientar a súa biblioteca, con máis de 4.400 volumes en galego, así como o traballo de grupos culturais.

308 lecturas