Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral

Avalían o éxito de programas para facilitar a contratación dos galegos retornados ou a integración sociolaboral de estranxeiros.

  • Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
    Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
  • Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
    Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
  • Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
    Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro esta semana co embaixador de Colombia, Eduardo Ávila, e a embaixadora de Ecuador, Wilma Piedad Andrade, no que avaliaron as políticas de emprego da comunidade galega e estudaron posibles colaboracións no eido laboral.

Na xuntanza, na que tamén participou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o secretario xeral da Emigración, Antonio Miranda, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, os embaixadores interesáronse polos programas Retorno Cualifica Emprego e Arraigo para a formación que  ten en marcha a Xunta.

No primeiro caso, o programa enmárcase na Estratexia Galicia Retorna - que busca apoiar o regreso de 30.000 galegos do exterior- e ten como finalidade captar talento internacional para cubrir as vacantes nas empresas galegas á vez que se facilita o retorno de galegos noutros países. Nesta liña, a xuntanza cos embaixadores serviu para identificar posibles áreas de colaboración en sectores coma a tecnoloxía, os coidados, a industria alimentaria ou a construción, entre outros, así como estudar futuras colaboracións en programas de mobilidade profesional.

Ademais, o presidente trasladoulles aos representantes de Colombia e Ecuador outras medidas en materia de emprego coma o programa Arraigo para a formación que busca a integración sociolaboral de persoas estranxeiras a través da contratación en orixe e a formación ou unha nova convocatoria de axudas aos galegos retornados que emprendan na comunidade, dotada de 1 millóns de euros.

242 lecturas