"O Talento na era 4.0", en Santiago de Compostela
O venres 21 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela O Talento na era 4.0. Como ten afectado o desenvolvemento tecnolóxico ao desenvolvemento do talento?.
- Un evento onde profesionais de diferentes áreas analizarán, tanto desde o punto de vista individual como de empresa, o impacto que tivo o avance tecnolóxico na forma en que nos desenvolvemos hoxe en día.
- Como se mantén actualizado un directivo de Amazon? Como fomentan o uso das últimas tecnoloxías ABANCA ou Café Candeas para desenvolver ao seu persoal? Como ve o futuro do talento Adecco España?
- Durante esta xornada tratarase de dar resposta a todas estas preguntas e moitas outras a través do testemuño de profesionais que traballan día a día entre talento e tecnoloxía. Profesionais de RRHH, directivos/as e mandos intermedios terán a oportunidade de intercambiar opinións cos/coas relatores/as e compartir as súas inquedanzas.
Programa:
15:30 h - Recepción
16:00 h - Benvida - Ángel Fraga, director xeral IGATA
16:10 h - Apertura - Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
16:30 h - Francisco Servia, senior product manager en Amazon
17:00 h - Jessica Rey, responsable de marketing en casa Grande de Xanceda
17:30 h - Speed dating. Atréveste a coñecer á túa media laranxa profesional?
18:00 h - Descansamos e facemos networking con produtos 100% galegos? - Café Candelas e Biscuits Galicia
18:30 h - Mesa redonda - Oportunidades e retos na xestión de talento
- Alejandro Álvarez, director financeiro Cafés Candeas
- Pablo Mateo, director de procesos dixitais e axilidade operativa en ABANCA
- Patricia García, presidenta do Círculo Empresarios Galicia
19:30 O futuro do talento - Iria Vázquez, directora de xestión de talento e empregabilidade en Grupo Adecco España
20:00 - Despedida - Lucia González, responsable Área Galicia IGATA
Inscrición: www.eventbrite.es
Máis info: www.institutogalegodotalento.es | Facebook | Twitter | LinkedIn






